sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaEn marcha a restauración e posta en valor do Templete de San...

En marcha a restauración e posta en valor do Templete de San Luis

As obras de restauración integral desta peza arquitectónica supoñen un investimento de 250.000 euros, aos que hai que sumar os 498.213 euros para a humanización do Campo da Feira onde se localiza

Un dos emblemas patrimoniais do Porriño, o icónico Templete de San Luis, será obxecto dunha restauración integral. A posta en valor desta peza de Antonio Palacios, situada no parque do antigo Campo da Feira, requirirá unha inversión de 250.000 euros que financiará a Xunta de Galicia. Así o avanzaron o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, que visitaron esta peza arquitectónica para comprobar o seu estado actual.

O titular de Cultura salientou o carácter “emblemático” do templete, autoría “dun galego convertido nunha figura imprescindible da arquitectura en un urbanista de referencia”. Neste sentido, referiuse ao compromiso da Xunta por “poñer en valor e divulgar o legado que Palacios ten en Galicia, no que este templete ocupa un lugar destacado que merece ser valorado”.

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que agradeceu “á Xunta de Galicia o apoio a este proxecto que sen dúbida pon en valor non só esta peza, senón o legado que un porriñés referente deixou no seu pobo”. Engadiu o rexedor que “dende o Concello queremos reivindicar a figura de Antonio Palacios” e adiantou que a tal fin “proxectamos un espazo que albergará obra importante do arquitecto, pezas de gran valor que estarán ao dispor de toda a cidadanía”.

No caso do Templete a estrutura está visiblemente deteriorada pola entrada de auga nas xuntas e a presenza de ferro oxidado debido, sobre todo, á ausencia dun elemento de cubrición. Tamén se aprecian manchas de oxidación, presenza de plantas superiores e pátina biolóxica de liques. Por iso as actuacións previstas consistirán na reparación dos danos nos elementos construtivos de parámetros, fachadas, cuberta e acabados, así como a renovación do pavimento e o ámbito urbano inmediato á peza arquitectónica de Palacios.

O templete foi construído en 1919 por Antonio Palacios para acceder á estación de metro na Gran Vía en Madrid. Está incluído no proxecto que lle encargou en 1917 a Compañía Metropolitana e que comprendía o deseño e a decoración de todos os espazos interiores e exteriores da liña Sol-Vendas. A construción orixinal contaba cun ascensor no seu interior que quedou en desuso despois de colocarse as escaleiras mecánicas. Isto acelerou a súa desmontaxe en 1970. Foi posteriormente enviado ao Porriño ser a cidade natal do arquitecto, despois de varias alternativas para a súa localización en Madrid.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS