sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísDetidos en Colombia os fabricantes do narcosubmarino de Aldán

Detidos en Colombia os fabricantes do narcosubmarino de Aldán

Detidas no suroeste de Colombia 12persoas integrantes dunha banda de narcotraficantes especializada na construción de narcosubmarinos, entre eles, o achado en Aldán en 2019.

Nesas embarcacións enviaban cocaína cara a Centroamérica e España.

O comandante da armada colombiana, o almirante Francisco Cubides, dixo que as detencións se realizaron en Cali, Buenaventura (Valle del Cauca) e na localidade de Santander de Quilichao (Cauca).

A realización desta operación contra o narcotráfico foi un traballo articulado entre a Armada e a Fiscalía colombiana, que contou coa colaboración da Garda Civil española.

«A organización narcotraficante desarticulada especializábase na construción de semisomerxibles para transportar clorhidrato de cocaína cara a Centroamérica e Europa, especialmente cara a portos españois», detallou a Armada nun comunicado.

Segundo o almirante Cubides, os capturados foron os que construíron tres semisomerxibles, dous dos cales foron descubertos en Colombia e un máis en Galicia.

Os capturados foron postos ao dispor da Fiscalía colombiana acusados de delitos asociados con narcotráfico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS