domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísJosé Miñones toma posesión como ministro de Sanidade

José Miñones toma posesión como ministro de Sanidade

O novo ministro de Sanidade de España xa é o santiagués José Manuel Miñones. Recibiu a carteira en Madrid de mans da ministra saínte, Carolina Darias, candidata do PSOE á Alcaldía das Palmas de Gran Canaria.

O ministro de Sanidade, José Miñones:

Na súa primeira intervención como ministro, Miñones quixo defender un sistema sanitario «público, universal e de calidade» e engadiu:  «As miñas primeiras palabras son de recoñecemento e apoio á sanidade pública, un dos maiores logros que conseguimos como país, que nos fai grandes como nación».

Tras prometer antes o cargo ante o rei Felipe VI no Palacio da Zarzuela, o novo ministro insistiu en que dentro do Goberno español vai defender «un modelo sanitario público, universal, de calidade, equitativo e sostíbel, sensíbel ás necesidades da cidadanía». «Así o fixo até o de agora o Goberno e así o seguiremos a facer».

Tamén Miñones recoñeceu o «enorme traballo» dos seus predecesores no cargo por «toda a súa dedicación e profesionalidade», citando especialmente a Darias. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS