lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoViaxe literaria e familiar pola bisbarra

Viaxe literaria e familiar pola bisbarra

Hortensia Bautista é a autora do libro Bambán de vento e Aurora Quinteiro, a súa ilustradora.  A idea de facer realidade esta publicación, que xa se atopa nas librarías de Ponteareas, xurdiu durante o confinamento da pandemia pola COVID-19, a partir dos comentarios de pais e profesores sobre a situación “atípica” das clases online desde os centros de ensino.

Dirixido a un público familiar e escolar, Bambán de vento pretende ser  “un instrumento,  un pretexto para que  desde as propias familias, en primeiro lugar, e desde os centros de ensino, despois, se fale se comente e se investigue sobre  o coñecemento do entorno e despertar desde a infancia o interese e apego polo noso, pola paisaxe, lugares, lendas  e costumes do lugar onde residen” explica a autora, quen tamén o plantexa como unha boa ferramenta para “recuperar o vocabulario e expresións propias da nosa fala  para revertir o proceso  de serio perigo de desaparición que atravesa”.
Esta publicación adéntramos no medio próximo, de Ponteareas e da bisbarra, o seu relevo, a súa situación xeográfica e permite coñecer lugares, costumes e  lendas, á vez que rescata vocabulario relativo á fauna, flora e  microtoponimia da zona.
Unha vez que Hortensia Bautista tivo escrito o texto, empregando unha linguaxe sinxela, falou con Aurora para enriquecelo con ilustracións. “Se involucrou de tal maneira que cando trouxo as ilustracións parecéronme unha marabilla” lembra Bautista.
“Como a nena fai unha viaxe desde unha  nube, plásmase a paisaxe do ceo e da terra” explica a ilustradora, que optou pola técnica de acuarela.
Posteriormente, a fundación Eomaia sumouse ao proxecto coa edición e encargoulle a maquetación e impresión a empresa Aceroplus e ambas están moi satisfeitas co resultado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS