domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO galego José Miñones, novo ministro de Sanidade

O galego José Miñones, novo ministro de Sanidade

O ata agora delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde, será o novo ministro de Sanidade en sustiución de Carolina Darias, ao presentarse á Alcaldía das Palmas.

Pola súa parte, o deputado canario Héctor Gómez Hernández será o novo titular de Industria deixando de ser voceiro do grupo parlamentario socialista no Congreso en sustitución de Reyes Maroto que aspirará a Alcaldía de Madrid.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, remodela o seu Goberno pero unicamente nestas dúas carteiras. Sánchez dixo que con estes dous nomeamento quere afrontar a recta final da lexislatura, con obxectivo claros como crear emprego, fortalecer os servicios públicos, serguir cunha transición ecolóxica ambiciosa e afondar na igualdade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS