domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño celebra o Día da Xuventude

Porriño celebra o Día da Xuventude

Será na tarde deste sábado, 25 de marzo, no auditorio exterior do centro cultural

A mocidade do Porriño poderá desfrutar este sábado dunha programación de actividades de ocio e educación non formal totalmente gratuíta. O auditorio exterior do Centro Cultural Municipal acollerá, de 16.00 a 21.00 horas o “Día da Xuventude” organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración co Concello do Porriño.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades como un Trivial sobre alimentación saudable, showcooking con produtos locais e de tempada, actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, slackline ou tiro con arco, actividades de concienciación ambiental e violencia de xénero ou obradoiros de habilidades para a empregabilidade.
Tamén poderán sacar o artista que levan dentro co taller de graffiti e a creación dun mural colectivo. O broche final será musical e da man de DJ Pitty ás 20.30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS