domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaUn milleiro de árbores novas en Mos

Un milleiro de árbores novas en Mos

O Concello reforesta o municipio para celebrar o Día Internacional do Bosque

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou na plantación das primeiras cen árbores, dun total de mil que se plantarán no municipio, coincidindo co Día Internacional do Bosque. A acción conta coa colaboración de oito comunidades de montes do municipio, os centros escolares de primaria de Mos e o RC Celta. Ao acto asistiu tamén o conselleiro de Medio Rural, José González, os presidentes das comunidades de montes e, por parte do RC Celta, o vicepresidente Ricardo Barros e o porteiro, Iván Villar. Cada unha das dez entidades participantes plantará cen árbores na súa contorna entre castaños, carballos e pinos, especies autóctonas dos diferentes emprazamentos.
A primeira plantación arrancou o luns na parroquia de Pereiras, no monte da Salgueira, coa participación de cerca de 300 escolares dos centros de Atín, Mestre Valverde de Mayo, Mestre Martínez Alonso, Petelos e Peña de Francia que estiveron acompañados por monitores especializados que lle aprenderon tamén a importancia de coidar o monte e como reforestalo. Previamente á plantación, o alumnado de primaria participou nun obradoiro ambiental e realizou tarefas de limpeza do monte. Durante a plantación, Arévalo aproveitou a presenza dos nenos para subliñarlles a necesidade de coidar os bosques e tamén se referiu ao importante papel que fan as comunidades de montes, alí presentes. Pola súa banda, o conselleiro e Medio Rural lembroulles a importancia da loita contra os lumes e que se algún día observan un, o teléfono que atende estas situacións é o 085.
As restantes 900 árbores serán plantados nas parroquias de Mos, Dornelas, Guizán, Louredo, Petelos, Torroso e Herville así como na contorna da Cidade Deportiva Afouteza.
Con esta iniciativa, as entidades participantes queren resaltar a importancia do monte e os bosques como espazos indispensables para a saúde e o benestar das persoas así como a necesidade de implicar a toda a sociedade no coidado da natureza e, moi especialmente, entre os máis pequenos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS