Boris Johnson anulou as ordes do Secretario de Estado para a Educación, Gavin Williamson, que se amosaba partidario dunha reapertura temperá.
O goberno atópase agora na elaboración dun plan para escalonar o regreso do alumnado ás aulas, coa probabilidade de dar prioridade a uns grupos de idade sobre outros, e coa recomendación de que os estudantes non empreguen máscaras polo seu impacto negativo na aprendizaxe.
Segundo informa o diario The Guardian, Boris Johnson anunciou onte que agardaba que «tódalas escolas volveran o 8 de marzo», mais os expertos do goberno din que un enfoque de «big bang», con tódolos alumnos regresando a un tempo, semella puco probable na actualidade.
Agárdase que os nenos e nenas máis novos da escola primaria, que precisan dunha atención demasiado intensiva para efectuar o seu aprendizaxe no fogar, ocupen un lugar destacado na lista de prioridades. Johnson anunciou que a decisión definitiva non se tomará ata a semana do 22 de febreiro, cando se agarda que o goberno publique os seus plans para a reducción gradual do confinamento.
O diario Guardian informa de que a disputa interna do goberno sobre este tema comezou o mércores da semana pasada, e que Williamson manifestou a intención de anunciar antes do 8 de febreiro que a volta ás aulas se produciría tralo 22 de febreiro. A comunidade científica advertiu de que esas datas poderían ser demasiado optimistas.
Dise tamén que a Oficina do Gabinete está a poucos días de aprobar o uso obligatorio de máscaras faciais nos lugares de traballo, o que podería conducir a que os estudantes de secundaria teñan que levalas nas aulas. Agora mesmo, o uso de máscara no Reino Unido non é obligatorio e as escolas e universidades son as responsables de facer ou non obligatorias as máscaras no interior dos seus espazos. A recomendación do goberno é que o uso de máscara durante as aulas debe evitarse debido ao potencial impacto na aprendizaxe.
O sindicato nacional da educación (NEU) solicita que os estudantes de secundaria empreguen máscaras trala volta ás aulas, e que as escolas empreguen rotacións e aprendizaxe a distancia para reducir o número de estudantes por centro.
A NEU fixo estas propostas como parte dun plan de recuperación educativa destinado a favorecer un regreso seguro ás aulas.
Mary Bousted, secretaria xeral adxunta do sindicato, fixo as seguintes declaracións: «O goberno debe iniciar conversacións estruturadas cos sindicatos da educación, baseandose en tódalas evidencias dispoñibles sobre cal é o mellor xeito de manexar unha desescalada, independentemente de se se produce o 8 de marzo ou non. Os directores das escolas poderán entón comezar a facer arranxos, coa confianza de que non están a perder o tempo e de que existe a posibilidade real de acadar solucións a longo prazo».