Investigan unha vertedura de combustible na praia Compostela, en Vilagarcía.
Axentes do Seprona, Garda Civil e Gardacostas traballaron onte na zona para erradicar a mancha, duns 500 metros. Instalaron mecanismos absorbentes para eliminar a vertedura.
Polo momento, descoñécese a súa orixe, pero non se descarta que o combustible proceda do narcosubmarino localizado en Vilaxoán.