domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño contará cunha área para autocaravanas

Porriño contará cunha área para autocaravanas

Localizarase na rúa Leandro Diz e ocupará uns 200 metros cadrados, con todos os servizos necesarios

O Porriño contará cunha área de caravanas e autocaravanas en pleno centro urbano, un servizo que vén a sumarse aos que xa de por si ofrece o municipio.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo presidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia (Aga), Manuel Fernández-Arruti, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, visitou a parcela na que se habilitará o aparcamento para valorar de maneira conxunta as actuacións a realizar para a súa pronta posta en marcha.
A zona que se acondicionará ocupará uns 200 metros cadrados da parcela de Leandro Diz habilitada como aparcamento gratuíto e estará acondicionada con todos os servizos necesarios.
“O turismo de autocaravana tense consolidado como unha alternativa ás viaxes tradicionais. É unha modalidade en auxe que se caracteriza pola liberdade que ofrece, por iso hai tanta demanda e por iso moitos concellos de todo o país dispoñen xa dese servizo. O Porriño non vai quedar atrás”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS