Entrevista co candidato á alcaldía da capital da Paradanta, o popular Miguel Domínguez.
O Partido Popular na Cañiza critica a falta de mantemento das instalacións deportivas no municipio. O líder do PP, e candidato a obter o bastón de mando nas eleccións que se celebran en maio, Miguel Domínguez, apunta a que o Concello liderado polo socialista Luis Piña «non coñece as necesidades reais no edio deportivo do municipio» e pon como exemplo a pista de Skate Park.
Asevera Miguel Domínguez que no caso de que o PP recupere a alcaldía «nos primeiros 100 días de goberno cambiaremos o céspede de Augas Férreas».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: