Segundo o sindicato O’Mega son ata 11.000 nenos e nenas os que non teñen pediatra asignado na actualidade.
Galicia ocupa o sétimo posto en cobertura de pediatría en España. Está superada por Madrid, Cataluña, Asturias, Navarra, Andalucía e a Comunidade Valenciana.
As cifras desta enquisa lanzaron que na comunidade galega un total de 11.478 nenos non teñen cobertura pedriátrica.
A isto ademais hai que sumarlle a inexistencia de medidas por parte do Goberno galego. En Galicia, ademais de en outras sete comunidades (Canarias, Navarra, Castela e León, Castela-A Mancha, Asturias, Baleares e A Rioxa), non se comezou a aplicar ningún tipo de medida de incentivación co obxectivo de cubrir as prazas de difícil cobertura, como si se fixo noutras comunidades como Andalucía, Aragón ou Cantabria, a pesar de que dúas desas tres teñan unhas cifras peores que as de Galicia.