domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasParadantaHoracio Gil: "Hai estabilidade nos datos da COVID-19 en Arbo"

Horacio Gil: «Hai estabilidade nos datos da COVID-19 en Arbo»

Horacio GilO alcalde de Arbo, Horacio Gil, di que os casos en relación a COVID-19 na vila convidan ao optimismo posto que «estabilizaronse entre os 39 e 43».



En Arbo, profesionais do sector do taxi realizarán labores as persoas maiores de 70 anos e vulnerables de forma gratuita como compras nos supermercados ou nas farmacias. Este servizo que pon en marcha o Concello funcionará, cando menos, ata o 17 de febreiro. O día no que, en principio, deixarán de estar en vigor as medidas de máxima prevención en Galicia. 

Trátase dun convenio do Concello no que os usuarios ou usuarias poñense en contacto cun profesional do taxi para que este lles realice algunha das tarefas que impliquen sair da casa. A viaxe abonarao as arcas municipais, segundo dixo o alcalde, Horacio Gil, que explica que «o obxectivo é evitar ao máximo os desprazamentos». 

«Datos que invitan ao optimismo»

Sobre a incidencia da COVID-19 en Arbo, o rexedor explica que os datos invitan ao optimismo posto que «estabilizaronse entre os 39 e o pico máximo que tivemos, que foron 43». Gil di que espera que se produza «unha tendencia á baixa» e apela ao «sentidiño».

Arbo foi un dos municipios que mantiña o seu contador a cero en relación a novos casos diagnosticados. Foi nos primeiros días de xaneiro deste ano cando o concello comezou a rexistrar positivos en COVID-19 entre a súa veciñanza.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS