Un novo narcosubmarino ou semisomerxible de fabricación artesanal foi localizado en augas da ría de Arousa e todo fai indicar que ten vinculación co narcotráfico.
A investigación corre a cargo da Garda Civil e vixilancia aduaneira.
Fontes da investigación sinalan que a nave apareceu a unha milla mar dentro, fronte ao porto de Vilaxoán, cando estaba xa practicamente afundida.
En investigación están as circunstancias do afundimento da embarcación.
Segundo trascendeu, non tería tripulación a bordo no momento da súa localización.
En estudo o método para reflotalo e remolcalo a algún porto, xa que as condicións do mar e o vento poden complicar as manobras.
As dúas planadoras que vararon en Ribeira hai dúas semanas poderían ter recollido o alixo que transportaba este semisumerxible.
No punto está o barco de Salvamento Marítimo Salvamar Sargadelos, que ten porto base en Ribeira, para facer labores de apoio, por se houbese vertedura de combustible.