domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta dará o complemento autonómico ás pensións en abril

A Xunta dará o complemento autonómico ás pensións en abril

Rueda anunciou que o complemento autonómico ás pensións non contributivas aumentará un 6% con respecto ao ano pasado e daráselle xa aos beneficiarios este mes de abril nun único pago de 218 euros.

O presidente galego, Alfonso Rueda, anunciouno tras o Consello da Xunta deste martes. 

A Xunta pagarao nos primeiros días do mes de abril.

A contía global para estes complementos, que se outorgaban todos os anos e este exercicio adiantan o seu pago, é de 8 millóns de euros.

Este pagamento único será ingresado de oficio aos beneficiarios sen necesidade de que realicen ningún trámite.

Actualmente, arredor de 37.000 galegos cobran unha pensión non contributiva, que se sitúa no caso de cobrarse íntegra arredor dos 484 euros mensuais, logo do pacto alcanzado o verán pasado entre o Goberno central e EH Bildu para incrementar estas prestacións nun 15 %.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS