domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaA pasarela peonil de Amieirolongo estará rematada en abril

A pasarela peonil de Amieirolongo estará rematada en abril

A infraestrutura salva o paso de transeúntes, sobre todo peregrinos, no lugar no que conflúen as autovías A-52 e A-55 e a estrada N-550

Escoita as declaracións do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones e dos alcaldes de Mos e Porriño, Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo:

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, certificou hoxe en Mos como o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia chega tamén ao Camiño de Santiago coa nova pasarela que permitirá un tránsito seguro sobre a A-52 das persoas que percorren o Camiño Portugués. José Miñones supervisou hoxe a execución desta nova infraestrutura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, na que inviste 233.741,27 euros. A Miñones acompañárono a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e demais membros de ámbalas dúas corporacións municipais.

Datos técnicos da pasarela
A pasarela peonil para o Camiño Portugués de Santiago sitúase no quilómetro 306 da Autovía A-52 (ligazón do Porriño) e ten por obxecto establecer un itinerario seguro que permita o paso das persoas, principalmente que percorren o Camiño de Santiago, sobre o ramal entre a calzada sentido Ourense da autovía A-52 e a estrada N-550 cara a Redondela.
A pasarela ten unha lonxitude de 27 metros (en tres tramos de 8, 11 e 8 metros) e salva un gálibo de 5,50 metro. Ten unha anchura útil de tres metros e unha pendente lonxitudinal do 3,5%, cumprindo a normativa vixente en materia de accesibilidade. A súa estrutura está formada por dúas vigas metálicas lonxitudinais e unha serie de vigas transversais sobre as que apoia o forxado.
A ambos os dous lados da pasarela xéranse cadanseus camiños de acceso á mesma, desde as beirarrúas actuais da estrada. Para acurtar o acceso á pasarela peonil contémplase tamén a execución dunha escaleira que permita ao peón salvar o desnivel mediante a utilización deste camiño alternativo.

Temas pendentes con Mos
Na súa intervención a alcaldesa mosense pediu ao delegado do Goberno, máxima axilidade nos asuntos pendentes en Mos por parte do Ministerio de Fomento, tales como o Plan de Acción contra o Ruido do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruido na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo, en Sanguiñeda. A obra de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo. A gratuidade da peaxe de Porriño da AP-9, xa que é a solución máis rápida e inmediata para evitar e reducir a sinistralidade, e que se desvíe o tráfico da A-55. E o mantemento en óptimo estado das condicións da A-55 coa reparación do firme con asfalto antiruido (fonoabsorbente) e absorbente permeable, a reposición de barreiras de protección oxidadas e aboiadas, e a limpeza viaria na propia autovía e nos carrís de servizo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS