Pediu créditos a partir das tarxetas bancarias da súa parella. Un home natural de Uruguai afincado e casado no Rosal de 47 anos que agora está detido por actuar en connivencia con dúas mulleres.
O presunto estafador foi detido o pasado 15 de febreiro como presunto autor dos delitos de estafa, usurpación de estado civil, branqueo de capitais e falsificación de documento público tras contratar varios préstamos a nome da súa parella.
Segundo informou a Garda Civil, a investigación comezou xa en outubro, cando a vítima da estafa manifestou ser enganada por quen nese momento era o seu compañeiro sentimental.
«Para levar a cabo a estafa, a súa parella, que decidiu romper a relación pouco logo dos feitos, realizou a contratación de varios préstamos bancarios en conivencia con outras dúas persoas asentadas en Vigo, a nome da denunciante, por un importe aproximado de 60.000 euros, cantidade que posteriormente foi repartida entre os autores do feito», indicou o instituto armado.
Ademais, con tarxetas bancarias solicitadas a nome da muller, realizáronse compras en varios comercio por importes próximos a 2.000 euros.