O pleno de Ponteareas aproba o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) sen o aumento de horas que a Xunta de Galicia vén de conceder ao municipio.
Así, Ponteareas aproba o SAF, pero sen incluír as 34.764 horas a máis que a Consellería de Política Social aumenta para atención de persoas dependentes ao municipio. Non se contempla no contrato, que saiu adiante cos votos a favor do bipartito, Partido Popular e coa abstención de Acip, porque segundo defendeu a responsable de Benestar Social, Verónica Carrera, «foi unha decisión unilateral e que non contou co concello». Tratáse, dixo Carrera, dun «a Xunta convida e o concello paga»
A concelleira explica que está de acordo co aumento das horas, que son necesarias. Con todo, o goberno bipartito do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista non concorda cos xeitos de proceder da administración autonómica. O contrato ten un valor de 5 millóns de euros cunha duración máxima de cinco anos. Neste sentido, a Xunta aporta o 63% do custe do SAF polo que o Concello e as persoas usuarias asumen o resto da contía. Xustifica Carrera que todos os municipios cun plan de Servizo de Axuda no Fogar atópanse nesta mesma situación.
A líder da oposición, a popular Belén Villar, reclamou no pleno retirar da orde do día a aprobación do expediente de contraación co obxectivo de que si se contemplara o aumento de horas que vén de adxudicar Política Social a Ponteareas. Finalemente, votó a favor. O número un dos independentes, Acip, Juan Carlos Carrera, lembrou ao bipartito que o Tribunal de Contas tumbou esta licitación con anterioridade poro «irregulares». Ademais, explicou que lle sorprende «que só se presenten tres esmpresas».
Mocións por unanimidade
Noutra orde de cousas, o pleno acorda de forma unánime a creación dun fondo de cooperación galego para facer fronte ás consecuencias económicas das restriccións impostas pola pandemia no sector hostaleiro. Aprobouse a enmenda do PSOE e BNG, que reclama que a aportación de cada administración supoña o 1% do seu orzamento co obxectivo de que «sexa máis xusto», segundo defendeu o concelleiro nacionalista Miguel Bouzó, no canto da porcentaxe do 50% da Xunta de Galicia, 30% das Deputacións e un 20% os concellos.
Tamén por unanimidade, o pleno aproba dúas moción de iniciativa do Partido Popular. Unha, para instar ao Goberno Central a adoptar medidas urxentes para abaratar o recibo da electricidade e a outra, que reclama ao executivo de Pedro Sánchez reducir o IVE no sector da imaxe persoal.