Preto de 150 estudantes de Educación Infantil participan no programa “Coa comida si se xoga” posto en marcha pola Concellería de Educación
Este programa, no que participa o alumnado de educación infantil dos centros educativos do municipio, ten como obxectivo principal consolidar a adquisición de hábitos de vida saudables, en especial alimentarios, dende idades temperás e o fai mediante o xogo.
“A construción de rutinas, que posteriormente se converterán en hábitos, é esencial na etapa da Educación Infantil, xa que reporta enormes beneficios aos pequenos e pequenas, axudándoos no seu desenvolvemento integral e na formación da súa personalidade”, apuntou a concelleira Carolina González. “Entre estes hábitos están o de ter unha alimentación adecuada, a actividade física diaria ou os correctos hábitos do sono e a hixiene. Para evitar a resistencia a eles, aconséllase comezar canto antes coa súa aprendizaxe e posta en práctica”.
No mesmo sentido se expresou o alcalde, Alejandro Lorenzo, durante a súa visita á primeira xornada que se celebrou esta mañá no CEIP Cruz Budiño e na que puido comprobar de primeira man a implicación e interese dos pequenos. “Eles e elas son especialmente receptivos e a través dos xogos que se lles propoñen coñecen os distintos tipos de alimentos e a súa frecuencia de consumo para ter unha alimentación variada ademais de coñecer a procedencia dos que máis coñecen. Sen dúbida móstranse moi interesados no que están a aprender e iso é moi bo sinal”, concluíu o rexedor