domingo, noviembre 10, 2024
InicioComarcasLouriñaA nova senda peonil en Dornelas prolongará a de Torroso converténdoa nunha...

A nova senda peonil en Dornelas prolongará a de Torroso converténdoa nunha ruta circular de case 3 km

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa do próximo inicio dun dos grandes proxectos incluídos no Plan Mos Humanizado da presente lexislatura: a senda de Dornelas ou senda Porselo-Brea.

O percorrido abrangue desde As Pozas (zona do IES e o Multiusos) ata Asodifisi, dando continuidade á senda de Torroso en 1.800 metros máis e converténdoa nunha ruta circular de preto de 3 quilómetros de lonxitude.

O Pleno do Concello de Mos ten xa aprobada, por maioría dos seus membros, a dotación de crédito para o expediente de expropiación da nova senda peonil Porselo-Brea desde o ano 2021, e a partida con fondos propios municipais reservada para a acometida da obra desde o pasado 2022. Desde a administración local mosense estase á espera de permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para iniciar o procedemento de expropiación e posteriores trámites.

O orzamento da obra ascende a 599.415,57 euros. A nova senda transcorrerá polas parroquias de Dornelas, Petelos e Torroso. A nova senda peonil Porselo-Brea, que enlazará coa xa existente senda peonil de Torroso (que vai desde o Multiusos das Pozas ata ASODIFISI) formando unha senda circular de máis de 3 quilómetros de lonxitude.
Deste xeito, tal e como declarou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “transformaremos o traxecto Porselo-Brea desde o IES ata ASODIFISI nunha vía de circulación máis cómoda que inclúa tamén unha senda peonil que enlace coa senda de Torroso creando un itinerario circular”. A actual senda peonil de Torroso ten unha lonxitude de 1.370 metros que, sumada aos 1.800 metros da futura senda Porselo-Brea, dará unha senda circular cun percorrido total de 3.170 metros.
A senda peonil en Dornelas, desde o I.E.S. de Mos ata ASODIFISI, transcore, como se dixo polas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso co obxectivo de completar, en forma de anel, a senda xa construída desde o Edificio Multiusos ata ASODIFISI, dando ao viario sobre o que se actuará, unha maior seguridade para os peóns, que na actualidade mesturan os seus itinerarios cos vehículos a motor.
Este proxecto desenvolve unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para os peóns. Acadarase un ancho máximo de 8,00 metros que dá a esta zona unha mellora substancial para o fluxo do tráfico e de persoas.

Preténdese desenvolver unha actuación fundamental no viario do municipio, Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, nas parroquias de petelos, Dornelas e Torroso, que a día de hoxe encóntranse cunhas limitacións físicas á hora de acoller o tráfico de vehículos e peonil que por elas transita. Conseguirase deste xeito dar continuidade a estas rúas cunha sección axeitada cara a resolver e minorar os problemas circulatorios, agravados en momentos puntuais pola entrada e saída de alumnos nos equipamentos educativos emprazados nas Pozas. Estes son os motivos da necesidade de ocupar e executar a maior brevidade posible a infraestrutura proxectada (que permitirá unha mellora salientable do tráfico nun dos principais viarios do municipio). A delimitación do ámbito de expropiación comprende un total de 3.352,56 m² repartidos entre 126 predios segundo a realidade catastral identificada sobre o terreo, establecéndose a través dos seguintes lindeiros: ao norte, con rúa Brea e rúa Costiña, ao leste, en Seixabre coa estrada do Adrovello, ao sur, nace nas Pozas, na rotonda da estrada das Pozas; e ao oeste, camiño de Pedreira e camiño de Bouzos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS