viernes, septiembre 20, 2024
InicioComarcasLouriñaFin ás inundacións dun inmoble da rúa Ourense no Porriño

Fin ás inundacións dun inmoble da rúa Ourense no Porriño

Concello e Consorcio de Augas do Louro levan a cabo obras de mellora na rede de saneamento para solucionar o problema de distribución que caudais

Estes días estanse a realizar traballos na Avenida de Galicia para poñer fin ao problema de inundacións que os veciños dun dos inmobles, localizado na transversal rúa Ourense, viñan padecendo dende hai case unha década.
“A rede de colectores existente neste tramo da Avenida de Galicia presentaba unha sobrecarga que causaba graves inundacións nos garaxes do edificio durante os episodios de fortes choivas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “A veciñanza viña denunciando reiteradamente o prexuízo que esta situación lle estaba a causar, unha situación límite para eles tras moitos anos de incidencias, polo que acordamos executar estes traballos de maneira urxente con medios propios do Concello e do Consorcio”.
Os traballos consisten na execución dun desvío da rede que poñería fin ao problema de distribución de caudais que provocaba esta sobrecarga, co obxectivo de que a rede de colectores nese punto sexa capaz de absorber os caudais recollidos.
A tal fin executarase un desvío do colector e un novo tramo, cunha lonxitude de 55 metros que unirá a outro pozo de rexistro máis próximo correspondente a outro ramal. Ademais substituíronse 30 metros de canalización da rede de abastecemento que se atopaba en mal estado

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS