sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaO Porriño celebra o Día de Rosalía con poesía, música e un...

O Porriño celebra o Día de Rosalía con poesía, música e un “caldo de gloria”

Será este venres, 24 de febreiro, a partir das 10.30 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios

O Concello do Porriño súmase un ano máis á conmemoración do Día de Rosalía de Castro para render tributo á poetisa galega máis referente, desta vez da man dos centros educativos de secundaria do municipio.
O vindeiro venres, 24 de febreiro, a praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival musical e poético organizado polos equipos de dinamización da lingua galega do IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga en colaboración coa concellería de Dinamización Lingüística e Igualdade, que dirixe Carolina González. A programación conmemorativa inclúe tamén a performance participativa “Que pasa ao redor de min?” da compañía Os Quinquilláns e un remate de festa por todo o algo cun “Caldo de gloria” para todos e todas.
Festival musical e poético a cargo do alumnado de secundaria
Os mozos e mozas serán os verdadeiros protagonista desta homenaxe. Ás 10.30 horas iniciarán unha ruada que ambientará á vila coas letras da autora e rematará aos pés do concello onde procederán á lectura do manifesto elaborado por cada centro para reivindicar a figura de Rosalía.
Sucederanse actuacións de cada centro con lecturas de poemas musicados da escritora e tamén textos de Manuel Murguía.
Igualdade e liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro
Que mellor maneira de celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro que reivindicando a igualdade e a liberdade a partir dos seus textos. Para iso, a concellería de Normalización Lingüística suma á programación a performance participativa de Os Quinquilláns, “Que pasa arredor de min?”, un espectáculo no que o músico Luis “O Caruncho” , xunto a Lucho Penabade no papel de Manuel Soto Freire, reivindican a obra de Rosalía máis retranqueira, máis emocionante e moitas veces máis descoñecida. A actuación dará comezo ás 11.00 horas.
O caldo de Rosalía, a épica dos humildes
Como fin de festa, O Porriño sumarase á iniciativa impulsada pola Fundación Rosalía de Castro, denominada o “Caldo de gloria” que lembra o poema “Miña casiña, meu lar” de “Follas novas”, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Para iso, os mozos e mozas participantes poderán degustar na praza unha cunquiña de caldo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS