viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaPistoletazo de saída ao entroido máis inclusivo do Porriño

Pistoletazo de saída ao entroido máis inclusivo do Porriño

Helena Gayoso, alumna de 11 anos do CEIP Xosé Fernández López, foi a encargada de ler o pregón, tralo cal chegou o Xogo da Ola, o gran desfile de comparsas e unha noite con moita música

Como marca a tradición, a pregoeira, acompañada por Mara Vicente e Lara Villanueva, como ela gañadoras do concurso escolar de carteis do Entroido, subiu ao balcón da Casa Consistorial para dar inicio a estas festas ante unha praza Pregón entroido porriño 2023ateigada.

Como mestre de cerimonias estivo o actor e humorista, Pepo Suevos, que volveu ao Porriño para acompañar ás pregoeiras no seu momento máis especial.
En palabras de Helena, a vila do Louro preparase para vivir un entroido “onde non hai barreiras, onde os sorrisos están debuxados en diferentes cores e onde a música soará en todos os idiomas. Así é e así será o noso: “Un entroido para todos”.
A pequena, de 11 anos e alumna do CEIP Xosé Fernández López, lembrou que dende moi pequena leva gozando destas festas grazas á súa avoa e á súa comparsa coa que desfilou por estas rúas cheas de alegría e animación. “Recordo que cando chegaba a esta praza levantaba os ollos mirando cara este balcón…, quen me ía a dicir a min que hoxe ía estar eu aquí!”.
Helena quixo tamén recordar “a eses nenos e nenas que a guerra e os conflitos no seu país lles roubaron o sorriso” e tampouco quixo esquecerse deses pequenos e pequenas “aos que as catástrofes naturais non lles permitirán vestir hoxe os seus disfraces”. Agradeceu tamén ao Concello e o alcalde o feito de ser elixida como pregoeira e aos mestres e mestras do seu cole, o CEIP Xosé Fernández López, “por ensinarnos e educarnos nestes valores de inclusión social”.
“Clara-mente comeza o entroido, e perdón que vos sal-pique porque os do Porriño no entroido non choran, os do Porriño no entroido troulean”, concluíu arrancando un nutrido aplauso da praza que culminou co sentido “VIVA O PORRIÑO e VIVA O ENTROIDO”.
Pero a cousa non quedou aí, xa que o público asistente ao pregón decatouse de que hoxe era o aniversario do Alcalde, Alejandro Lorenzo, e cantaron a coro o cumpreanos feliz ao rexedor, acompañados polo espontáneo son das charangas.
Pola tarde celebrouse o desfile de comparsas do que participaron 1.400 persoas e a xornada pechouse coa música de Broken Peach e dos dj’s Alavama Ice e Omy Cid.

Preme aquí para consultar toda a programación deste entroido no Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS