O Concello recupera a súa fetividade de xeito completo.
Salvaterra de Miño volve a normalidade e as súas tradicións e festexos logo de superar a pandemia da COVID-19. Este ano recupera a súa festividade do Entroido xa de xeito completo, sen restricións. A partir do venres 17 de febreiro e ata o sábado 25, levarase a cabo a programación e do tradicional Enterro da Lamprea.
O venres 17 ás 10:30 horas, será o Desfile de Entroido dos Centros Educativos de Salvaterra, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda.
O martes 21 a partires das 19:30 terá lugar no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra o Festival Infantil de Entroido, con música, chocolate e rosca para as persoas que asistan
O broche de ouro de este festexo chega o sábado 25 de febreiro ás 17:00 horas co enterro da Lamprea, onde se pode participar formando parte da comitiva do enterro.