O centro cultural do Porriño acolle ata o vindeiro sábado, 11 de febreiro, esta exposición organizada polo grupo Zendal.
Trátase dunha mostra con vocación divulgativa que fai un percorrido histórico por 23 mulleres que deixaron pegada no coñecemento científico e no avance médico, desde a enfermeira Isabel Zendal, a galega Alicia Estévez ata a astronauta Sara García.
A exposición poderá visitarse ata o 11 de febreiro, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co que se trata de visibilizar a necesidade de lograr acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e o empoderamento da súa creatividade e intelixencia.
En esta liña, é a destacar a aposta do grupo Zendal pola difusión, promoción e recoñecemento da investigación, a innovación e os científicos que está tamén presente noutras accións corporativas como a celebración dos seus premios Internacionais Zendal, que na súa primeira e segunda edicións recaeron en científicas destacadas como María Vallet-Regí e María Blasco, directora do Centro de Investigaciones Oncológicas (CNIO) pola súa traxectoria en pro da ciencia e do papel da muller neste ámbito