lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra mellora os camiños municipais en cinco parroquias

Salvaterra mellora os camiños municipais en cinco parroquias

Trátase de Salvaterra, Vilacobam Uma, Meder e Lira.

O Concello de Salvaterra de Miño segue co seu plan de mellora de viais municipais, neste caso co inicio da tramitación para a contratación de mellora en varios camiños en Ramallás e Ermidas na parroquia de Salvaterra, Puzo, Outeiro, Choupal  e Pereiras  en Lira, Penela, Río – Guillade en Vilacoba, Casal – Guillade en Uma e en Nogueiró en Meder. Estas obras están financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra por un importe de máis de 260.000,00€

Co fin de mellorar o estado de pavimentación destes viais actuarase en máis de 3km onde se efectuará o desbroce e limpeza superficial do terreo coa apertura de cunetas, limpeza do pavimento existente, nova capa de rodadura realizada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70  de 5 cm de espesor e realce das tapas de rexistro

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS