O ano pasado salvouse, pero neste 2021 Salceda renuncia ao enfrontamento de entroido entre A Feira e Castro Barreiro.
Febreiro é o mes do entroido, pero este ano toca cambiar as máscaras de disfraces por máscaras cirúrxicas para evitar os contaxios por COVID-19. Son tempos de pandemia e o que non conseguiu a Guerra Civil, faino agora o coronavirus, que obriga a cancelar unha das festas de entroido máis senlleiras de Galicia: o enfrontamento entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro en Salceda de Caselas.
Os veciños de ambos barrios traballan todo o ano para dar continuidade a unha tradición centenaria da que existen probas documentais dende 1988. Máis dun século mantendo viva a rivalidade por organizar o mellor entroido, coa carroza máis grande, o disfrace máis orixinal e a música máis festeira .
A COVID impediu aos veciños celebrar moitas das actividades recadatorias que fan posible a organización da festa, polo que xa no mes de outubro, cando aínda no se falaba da terceira onda da pandemia, A Feira e Castro Barreiro xa daban por perdido o entroido deste año . A primeira vez que se cancela no Barreiro, pois ,durante a Guerra Civil, cando estaba prohibido o entroido, os máis vellos do barrio recordan que os veciños da Feira camuflaron a festa cunha celebración en honra a un Santo.
Aínda que o enfrontamento tradicional, saíndo a rúa e con grandes aglomeracións, está totalmente descartado; tanto A Feira como Castro Barreiro xa están pensando alternativas para trasladar o combate ás redes sociais. “Non vamos a pasar eses días sen pena nin gloria”, comenta Rocío Troncoso, do Barreiro; mentres que Abel Pérez, da Feira, anuncia sorpresas.
Rancho de Entroido da Feira
Precisamente na Feira tiñan previsto estrear este ano en un Rancho de Entroido infantil. “Os nenos estaban moi ilusionados”, lamenta Abel Pérez, explicando que obxectivo desta formación é “crear canteira para que o noso Rancho de Entroido non volva desaparecer”. Aínda que os ensaios xa están suspendidos dende fai un par de semanas, a Asociación de Entroido da Feira agarda que o virus dea un respiro a mediados de febreiro para poder facer unaha pequena representación desta danza recuperada fai tres anos. E, ao mesmo tempo, anima ao barrio de Castro Barreiro a recuperar o seu Rancho para acrecentar a lenda do seu enfrontamento.