lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO Goberno licita por 3,6 millóns a baixada ao Villa de Pitanxo

O Goberno licita por 3,6 millóns a baixada ao Villa de Pitanxo

O Goberno central licita un servizo de procura, localización e inspección do pecio do buque Villa de Pitanxo por 3,6 millóns de euros.

Os prazos áxiles urxen para poder facer a baixada ao barco afundido neste verán de 2023 como recomendan os expertos e avanzar así na investigación do acontecido.

O contrato acaba de saír a licitación por un valor de tres millóns de euros (3,6 millóns con impostos) e servirá de apoio á investigación do accidente que está a levar a cabo a Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM).

O órgano responsable da licitación é a Xunta de Contratación do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, departamento do que depende a CIAIM.

Este anuncio dá resposta case un ano despois do accidente -o primeiro aniversario cumprirase o 15 de febreiro- ás peticións realizadas polas familias dos mariñeiros que faleceron no naufraxio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS