Entrevista coa candidata á alcaldía de Ponteareas polo Partido Popular, Nava Castro.
Atender á humanización, ofrecer xa os terreos nos que ubicar o Centro de Saúde que a Consellería de Sanidade quere construir en Ponteareas e atender ás parroquias. Estas son as tres medidas que Nava Castro tomará como alcaldesa no caso de que consiga o bastón de mando do municipio da vila do Tea. Así o dixo nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia nos que critica que o goberno municipal teña a urxencia de manifestarse en Santiago de Compostela pola Sanidade pero «non ocorre o mesmo para trasladarlle á Consellería cales son os terreos que o Concello oferta para construir o novo Centro de Saúde en Ponteareas».
Escoita a entrevista completa con Nava Castro: