A xuíza do Xulgado de Instrución Nº3 do Porriño participou esta mañá na reconstrución do crime que acabou con Carlos Alberto morto nun pozo.
Antes do mediodía deste venres deuse por rematada a reconstrución do crime do pozo, supervisada pola xuíza do xultado número tres de instrución do Porriño.
Os tres implicados no crime participaron na reconstrución; os dous xa encarcerados e Sergio, o propietario do vello taller no que a vítima, Carlos Alberto, foi supostamente citado e esposado.
A reconstrución busca aclarar a contradición de versións entre Sergio e Marcos, un dos encarcerados preventivamente polo homicidio.
O avogado dos dous encarcerados, Manuel Carpintero, defendeu a inocencia dos seus defendidos e a Audiencia de Pontevedra debe decidir se os excarcela.
A avogada da acusación considera que son responsables os tres do homicidio; os dous xa presos e tamén o propietario do taller.
O propietario da empresa di que a vítima saíu daquelas instalacións con vida e que os outros dous, que se fixeron pasar por policías e agora están detidos, lle dixeran que o abandonaran en Portugal.
Sergio sostén que vítima cometera algunhas estafas e ese podería ser o móbil do crime.