lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoNava Castro é a candidata do PP en Ponteareas

Nava Castro é a candidata do PP en Ponteareas

Conta co apoio do presidente dos populares en Galicia, Alfonso Rueda.

Nava Castro é a candidata do Partido Popular de Ponteareas. Xa é oficial e será escenificado nuns días. E é que o PP quere recuperar o bastón de mando da vila do Tea e teno claro: a mellor opción para conseguir este obxectivo é a actual directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez.O proceso de nomeala candidata do PP en Ponteareas estaba paralizado para agardar a que conluíra o Xacobeo e a que finalizara a Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid.

Así as cousas, o PP de Ponteareas xa ten a unha persoa que ten a misión de recuperar para os populares a alcaldía da vila que foi gobernada durante anos polos conservadores. Foi no 2015 cando perderon o bastón de mando de Ponteareas cun pacto de coalición na esquerda, liderado polo Bloque Nacionalista Galego, que é o actual grupo de goberno xunto co Partido Socialista.

Nava Castro chamou a que xa non é a líder dos populares en Ponteareas, Belén Villar, para comunicarlle persoalmente a decisión.

Deste xeito, o PP continúa coa estratexia de poñer ao fronte das formacións a persoas con peso, coñecidas e que poidan relanzar ao partido para conseguir mellores resultados que nos anteriores comicios. Ocorreu o mesmo en Baiona, onde Vázquez Almuíña deixará a presidencia portuaria de Vigo para ser candidato dos populares ou en Redondela, municipio ao que volve Javier Bas dende o Congreso dos Diputados.

Cómpre lembrar que o PP en Ponteareas conseguiu 2.000 votos nas anteriores eleccións. Isto é, a metade dos que conseguiu o BNG, que alcanzou os 4.000. Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP) púxeronse á par dos populares e ten agora 4 concelleiros fronte aos 5 dos populares.

Todo listo en Ponteareas para que se celebren as eleccións municipais o 28 de maio de 2023.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS