Entrevista co candidato de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera.
Para Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), chegou o momento de que os veciños e as veciñas da vila do Tea escollan se queren continuar coas políticas do goberno do bipartito, do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista, ou se queren un cambio que pase por Alternativa. Así o di nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia o que xa é o candidato oficial da agrupación independente, Juan Carlos González Carrera.
Avanza, amáis, en Si Radio que o seu programa basearase en reforzar os servizos sociais, en crear unha bolsa de alugueiro de vivendas en Ponteareas e cambiar, xa no primeiro mandato no caso de conseguir o bastón de mando, o sentido da circulación «que afasta aos veciños e as veciñas do centro urbano». Intensificarán as áreas de deporte e a de cultura e «atenderemos a ese 48% da poboación que vive no rural».
Juan Carlos Carrera apuna que «a candidatura xa está case pechada, como calquera formación que se queira presentar as eleccións en maio» e que «unirase a experiencia dos que me acompañaron ata agora coa sabiduría da xente nova». O obxectivo, di Carrera, «é gobernar de xeito libre sen ter que dar explicacións nin en Pontevedra, nin en Santiago de Compostela nin en Madrid».