Máis prevención para detección precoz de cancro de mama en Galicia. Unha das apostas da Xunta para este 2023 polo que fará cribado ao dobre de mulleres; 200.000.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia ampliará un 50% o número de cribados de cancro de mama, o que suporá que se beneficien deste programa 200.000 mulleres máis das que o estaban a facer na actualidade. Para iso, vaise rebaixar a idade mínima destas probas diagnósticas, que pasará dos 50 aos 45 e ampliarase na idade máxima, que subirá dos 69 aos 74.
O presidente do Goberno galego fixo estes anuncios nas resposta ás preguntas do pleno do Parlamento de Galicia.
“É unha necesidade para moitas mulleres”, argumentou o mandatario galego con respecto a esta medida, da que deu conta nas respostas do pleno do Parlamento galego, onde lembrou que o programa de prevención do cancro de mama foi pioneiro en Galicia e, posteriormente, estendeuse a outras comunidades.
“Se Galicia se caracteriza por algo é pola súa saúde preventiva que evita moitos males maiores”, enxalzou Rueda.