Os veciños dun edificio do Porriño quedaron confinados durante case dúas horas no interior das súas vivendas polos bombeiros de maneira preventiva tras a rotura dunha tubaxe de gas.
A rotura produciuse na Avenida de Galicia, .
O 112 foi avisado preto das 10.30 horas pola Policía Local. Os axentes detectaron unha nube de gas nas escaleiras do edificio e solicitaron a intervención dos bombeiros.
Os veciños quedaron illados nas súas casas ata finalizar a intervención.
Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, aos bombeiros e aos membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño mais á empresa xestora do gas na zona.
A empresa procedeu a cortar a subministración.
Despois do mediodía os veciños puideron saír e tamén entrar as súas vivendas.