domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísUn carril con semáforos reactiva o tráfico na N-642 cun socavón

Un carril con semáforos reactiva o tráfico na N-642 cun socavón

A circulación na N-642 reactívase cun carril habilitado e regulado con semáforos, logo de que quedase cortado o tráfico o venres polo deterioro da vía nos puntos quilométricos 41 e 44 debido ao temporal.

Circulación constante aínda que con retencións a certas horas do día para circular por esta estrada nacional que conecta Burela e Foz.

A última hora da tarde dodomingo habilitouse un carril da N-642, regulado por un semáforo, para que o tráfico poida circular polo menos por unha parte da vía, que permanecía cortada ao tráfico desde a noite do venres, entre Burela e Foz, debido a unha focha producida por unha balsa de auga ocasionada polas fortes choivas caídas nos últimos días.

Os condutores que van desde Burela en dirección a Foz continúan pasando polo carril que lles corresponde. Mentres, os que chegan desde Viveiro, que veñen pola variante, teñen que chegar ao semáforo e facer un stop. Así mesmo, os que circulan desde Foz deben pasar polo semáforo para incorporarse á variante.

A Subdelegada do Goberno en Lugo Isabel Rodríguez asegura que se está circulando «con fluidez» e que os técnicos teñen que valorar que solución dar.

O alcalde de Burela Alfredo Llano di que a solución que se adoptou foi rápida, pero urxe unha solución definitiva canto antes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS