lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra inicia a primeira fase de traballo no xacemento arqueolóxico de Lourido...

Salvaterra inicia a primeira fase de traballo no xacemento arqueolóxico de Lourido e Soutolobre

Entrevista co arqueólogo, Francisco Manuel Hermes.

Petróglifos, un asentamento castrexo e unha explotación de ouro da época romana. É o que vén de descurbir o grupo de traballo de arqueoloxía que contratou o concello de Salvaterra de Miño co fin de catalogar os xacementos dos castros de Lourido e Soutolobre, segundo informa a administración local. 

Trátase duns xacementos que saíron á luz logo dos incendios que se produciron na zona e que, agora, o concello inicia a primeira fase de traballo na que se realizará unha prospección superficial intensiva, un sondeo valorativo e unha limpeza dos gravados rupestres.

Os traballos comenzaron no ano 2019 cando o grupo de goberno, liderado pola popular Marta Valcárcel, encarga a un grupo de arqueoloxía a valoración de varios achados e, nese informe, descríbese «unha realidade arqueolóxica complexa», segundo explica nun comunicado.

Así, o equipo de arqueoloxía descubriu tres potenciais abrigos prehistóricos acompañados de diferentes panis de petróglifos, un asentamento castrexo e unha explotación de ouro da época romana así como sepulcros.

O Concello de Salvaterra de Miño a firma que, con este traballo, preténdese buscar apoio por parte da Xunta de Galicia para seguir coas actuacións de campo en toda a zona co fin de poñer en valor o patrimonio.

Podes escoitar a entrevista co arqueólogo que lidera o proxecto, Francisco Manuel Hermes:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS