martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísSetenta enfermeiras visitarán a pacientes crónicos de Galicia

Setenta enfermeiras visitarán a pacientes crónicos de Galicia

A Xunta pon en marcha este ano 35 equipos de dúas enfermeiros ou enfermeiras para que visiten a domicilio a pacientes crónicos en zonas rurais e semirrurais.

O presidente galego, Alfonso Rueda, explicou que esta medida está dotada de 35 equipos de dous profesionais de enfermería de Atención Primaria cada un para atender pacientes crónicos na casa.

Busca  «aumentar nun 50 % a actividade asistencial» na Primaria no que se refire á atención a domicilio dos pacientes crónicos fóra da contorna das cidades.

A partida económica que se destinará a estes equipos será de 3,3 millóns de euros durante este ano.

Cada un destes equipos de 2 enfermeiros contará cun vehículo e acudirán aos domicilios en coordinación cos centros de saúde para casos concretos, pero tamén o farán de maneira proactiva para o seguimento de pacientes inmobilizados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS