O conselleiro de Sanidade explicaralle aos rexedores o próximo xoves, 26 de xaneiro, «o traballo realizado» en materia de sanidad e «as melloras acadadas».
A reunión foi comunicada mediante unha carta remitida este martes ás alcaldías.
A versión oficial é que Sanidade considera que, seis meses despois da posta en marcha do novo equipo directivo da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, «é o momento de facer balance».
En cambio, entre os convocados hai quen recibiu a cita como unha contraprogramación ao cumio de alcaldes que promoveu o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para batallar contra a «deterioración» da sanidade pública prevista esta mañá no Teatro Principal.
Tamén coincide esta convocatoria tras facerse público que Sanidade destinará médicos MIR de cuarto ano aos PAC de esta área, ante a carencia de facultativos.