Entrevista co presidente da asociación de veciños, Anxo Igrexas.
Os veciños e as veciñas de Teis saen a protestar este xoves ás 11:30 horas para denunciar que a oficina municipal de Servizos Sociais atópase baixo mínimos. E é que falta persoal, por mor dunhas baixas médicas, o que causa numerosas consecuencias negativas para a parroquia.
Segundo o presidente da asociación de veciños e de veciñas, Anxo Igrexas, «trátase dunha falta de planificación do Concello de Vigo», en referencia ao goberno municipal liderado polo socialista Abel Caballero. Un goberno no que «mostra así as súas prioridades».
Todo isto nun contexto no que Igrexas, di, «sucede cando esta oficina ten que funcionar mellora ca nunca». Escoita a entrevista completa, aquí: