A neve que caeu nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense causou problemas de circulación nas principais vías de comunicación e tamén nas estradas secundarias.
Obrigou aos axentes de Tráfico da Garda Civil a parar aos camións á primeira hora deste mércores en lugares habilitados tanto na Autovía do Noroeste (A-6) como na do Cantábrico (A-8).
Dendea caída do viaduto do Castro, o tráfico desvíase pola estrada nacional. Moitos camioneiros tiveron que pasar a noite retidos na área de servizo do Corgo.
En Lugo cumpríronse as previsións e o descenso da cota de neve pintou de branco a cidade das murallas. Cumpríronse as predicións e as folerpas caeron pola mañá.
Na autovía dass Rías Baixas (A-52), no acceso polo concello ourensán da Gudiña, a Garda Civil tivo que escoltar un convoi dun cento de camións para poder superar o porto de montaña logo de que quedasen atrapados na provincia castelán-leonesa.
O aviso amarelo por neve desactívase esta noite de mércores no interior de Ponvedra e da Coruña, onde se agarda tamén que as temperaturas vaian subindo progresivamente.