martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMos avanza cara ao saneamento integral

Mos avanza cara ao saneamento integral

O Concello vén de investir 100.000 euros en dar servizo a 20 casas das parroquias de Louredo e Tameiga

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron que desde a administración local continúanse a dar importantes pasos para completar a rede de saneamento no municipio.
O Concello de Mos inviste 100.000 euros en dúas obras de saneamento nas parroquias de Louredo e Tameiga. Trátanse de traballos de instalación da rede de saneamento no Camiño Costa de Fiel en Louredo e no Camiño da Curuxeira na parroquia de Tameiga, dando servizo a un total de 20 casas. Ambos acométeos a administración local mosense con medios propios.
Louredo
As obras de saneamento no Camiño Costa de Fiel-parroquia de Louredo, completan as redes na zona indicada e permiten dar servizo a cinco novas vivendas. As obras consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: escavacións, pozos, reposicións….
As obras consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Lévase para elo a cabo a execución de 264,20 m de saneamento no Camiño de Costa de Fiel.
Os traballos inclúen demolicións e actuacións previas co corte e demolición de pavimento en todos os ramais, onde está previsto repor o firme na zona de apertura de gabia. Procederase á escavación da gabia e posterior recheo e compactación da mesma.
No novo tramo da rede de saneamento instalouse un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zona e que actualmente carecen del. A nova pavimentación consistirá na reposición da gabia con 20 centímetros de zahorra e 5 centímetros de mestura bituminosa en quente.
O orzamento total das obras en Costa de Fiel, financiado con fondos propios municipais, ascende a 43.349,39 euros.
Tameiga
Por outra banda o Concello de Mos está a acometer con medios propios traballos de instalación de rede de saneamento no Camiño da Curuxeira en Tameiga. Obras valoradas en preto de 60.000 euros e que darán servizo de saneamento a 15 vivendas da zona, con conexións á rede xeral das 15 casas.
Aproveitouse esta obra tamén para que a Comunidade de Augas de Casal-Tameiga cambie a tubaxe da traída de augas, asumindo o Concello o custe da gabia e reposición, para que a Comunidade de Propietarios poida repoñer o tubo que corre da súa conta, e quede todo listo para que, por último, o Concello poida asfaltar con todos os servizos necesarios acometidos. A previsión é de que en febreiro poidan estar rematadas as obras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS