martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra remata a primeira fase da rehabilitación da Casa da Sociedade de...

Salvaterra remata a primeira fase da rehabilitación da Casa da Sociedade de Fornelos

Realizouse a reconstrucción da cuberta do inmoble.

O  Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comundiade de Montes de Fornelos, vén de rematar a primeira fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da Sociedade na parroquia de Fornelos.

Nesta primeira fase, realizouse a reconstrución da cuberte do inmoble, por algo máis de 45.000 euros e, durante as seguintes fases de traballo, levarase a cabo as divisións interiores, colocación de aluminio e lavado e encintado de todo o edificio.

Segundo explica a adminsitración local, o fin desta obra é a rehabilitación integral do edificio, «cun gran valor histórico e sentimental para a parroquia, e que sexa un punto de referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para os seus veciños e as súas veciñas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS