Alerta amarela por acumulacións de neve superiores a 2 centímetros en boa parte de Galicia desde este martes. Actívase incluso o nivel laranxa na montaña de Ourense e de Lugo, por acumulacións superiores a 20 centímetros.
As nevaradas desta fin de semana nas montañas de Lugo e Ourense foron o anuncio. A partir deste martes a neve regresa con intensidade e faino en cotas baixas.
A entrada dunha masa de aire frío procedente das latitudes máis setentrionais de Europa, que se traducirá nun descenso acusado das temperaturas e da cota de neve, afectará de forma máis acusada esas zonas de montaña de Lugo e Ourense.
Este martes a cota de neve descenderá progresivamente dos 600 metros ata os 300 metros.