lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha conserveira aterrará en Salvaterra

Unha conserveira aterrará en Salvaterra

A conserveira Albo vaise instalar en Salvaterra de Miño, en 63.000 metros cadrados de terreo dentro da PLISAN.

En parte, grazas á bonificación aplicada polo Concello de Salvaterra, aprobada a finais de 2018, a través da modificación das ordenanzas fiscais do Imposto de Bens Inmobles (IBI),Imposto de Actividades Económicas (IAE) e o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), o que lle permitirá aforrar custos á conserveira.

Salvaterra adherírase ao protocolo de actuación acordado entre a Xunta e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia”, entón unicamente apoiada en Salvaterra polo grupo de goberno “ante a incipiente fuga de empresas cara Portugal” e ao considerar “de vital importancia a adhesión do municipio a este protocolo para darlle saída a riqueza territorial que temos na PLISAN”.
O Concello de Salvaterra amósase satisfeito pola instalación de Albo ao considerar que “vai supor a consolidación de preto de 200 postos de traballo, máis da metade emprego feminino, e a creación de 22 novos postos de traballo”.
Ademais, Salvaterra de Miño confía en que a súa instalación teña un “efecto chamada” e promova a atracción de novas empresas á Plisan. Foi aprobada en pleno xa a solicitude de Hijos de Carlos Albo SL para a bonificación do ICIO.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS