No mesmo lugar no que se produciu o accidente do autobús que caeu o Lérez en Noiteboa, faleceu este venres un motorista de 52 anos, en Cerdedo-Cotobade.
Un veciño de Marín de 52 anos faleceu este venres tras sufrir un accidente de moto en Cerdedo-Cotobade. O accidente produciuse pouco despois das nove e media da mañá na estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Tenorio, nun tramo en curva no quilómetro 82,800.
O motorista circulaba en sentido Pontevedra-Ourense cando, segundo confirmou a Garda Civil, sufriu unha saída de vía.
O home foi trasladado en ambulancia con vida ao Hospital Montecelo, onde finalmente faleceu.
No sinistro do autobús que caeu ao Lérez faleceron 7 persoas e estanse a ingestigar as causas, que poden ser varias, ademais do mal tempo e a choiva desa noite.