Entrevista co actual alcalde do municipio e candidata a obter o bastón de mando, de novo, Carlos Gómez.
O obxectivo do PSOE en Baiona é gobernar en solitario. Así o di o actual alcalde do municipio, o socialista Carlos Gómez, que é tamén candidato a obter de novo o bastón de mando da localidade, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia.
Di Gómez que, polo de agora, «as estatísticas das que se parte non son malas» e, en canto se influirá nos resultados de maio de 2023 a incorporación de Vázquez Almuíña ao PP de Baiona, o candidato socialista di «que haberá que velo cando se confirme ou non».
No caso de que Gómez consiga o bastón de mando de Baiona unha vez máis ten xa claro os proxectos que impulsará: emprego para os mozos, coidados dos mellores e seguir adaptando Baiona ao sector servizos do S.XXI.