Entrevista coa alcaldesa, Marta Valcárcel.
O Concello de Salvaterra de Miño vén de informar, a través dun bando municipal, que «unha vez que os parámetros de turbidez, tanto en depósito como en liña, están dentro das marxes marcados por Sanidade polo que se restablece o servizo do abastecemento da auga municipal para o consumo humano».
Pola súa banda, en Si Radio de Galicia, a alcaldesa, Marta Valcárcel, desvincula o brote de gastroenterite que houbo en Salvaterra coa calidade da auga.
Escoita a entrevista completa que se realizou este mércores, no que a rexedora xa anunciaba que se emitiría un bando no que se informaría da nova situación do consumo da auga: