“Clover, unha porquiña diferente” volveu á imprenta logo de que, en pouco máis dun mes, se esgotasen os 1.000 exelares da primeira edición
Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. Para os que queiran saber máis, sobre todo os máis pequenos
da casa, a historia está recollida no primeiro libro que publica a porriñesa Beatriz Cabaleiro e que en pouco máis dun mes xa esgotou o milleiro
de Exelares da primeira edición. Outros mil, editado por Aira Editorial e con ilustracións de Blanca Millán, están xa están nas librerías de toda Galicia.
“Clover, unha porquiña diferente” é o arranque dunha serie de publicacioness que esta xornalista, escritora e docente realiza para dar voz a unhas
xeracións “libres de ser”. Trátase dun álbum ilustrado, escrito en galego e inglés, ideal para estudantes de Eduación Primaria dispoñible xa nas librarías do país.
O Porriño, 1992
O seu interese pola lectura ea escritura comeza a unha idade temperá e no 2014 crea o seu blog persoal. A súa afección por coñecer o mundo fixo que se formase en idiomas en diferentes puntos do estranxeiro.
Tras rematar Xornalismo na USC e os seus estudos de lingua inglesa en San Francisco (California), esta veciña de Porriño comezou a colaborar en centros educativos co seu proxecto de “poesía contra o bullying”.
Na actualidade compaxina a docencia coa escritura. Escribe, “semper que a deixan”, contidos con perspectiva LGTBQ +, de xénero e sobre cultura. Tamén é membro do departamento de comunicación de O Marisquiño e colabora con concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos.