martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño contrata 21 persoas para reforzar os servizos municipais

Porriño contrata 21 persoas para reforzar os servizos municipais

Efectúanse con cargo ao Plan Concellos 2023 e contan cunha aportación municipal de preto de 50.000 euros

O Concello do Porriño abre o proceso de selección para a contratación de 21 persoas desempregadas que desenvolverán funcións en diferentes servizos municipais.

Serán concretamente un oficial de carpintería, un de soldadura, un de albanelería, un tractorista-condutor con guindastre e dous peóns de obra pública para o Departamento de Obras; oito peóns forestais para o Departamento de Parques, xardíns e limpeza; un auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e seis conserxes para diferentes departamentos municipais.

Estas contratacións efectuaranse con cargo ao Plan Concellos 2023 e o Concello do Porriño fará unha aportación de preto de 50.000 euros.

“Para nós é unha prioridade contar con persoal para poder prestar os servizos públicos aos que á cidadanía ten dereito e neste momento os nosos medios son insuficientes. Por iso estas contratacións non só servirán para incorporar ao mundo laboral a 21 persoas que se atopan en situación de desemprego, senón que permitirá ao Concello atender ás necesidades da veciñanza como corresponde”, sinalou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Hai que destacar que as persoas que se van contratar terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego que será o encargado de facer a preselección, por iso é importante que todas as persoas interesadas se inscriban nos seguintes códigos de ocupación para cando se presenten as correspondentes ofertas de emprego:

• 1 Oficial 1ª de carpintería: 71311049
• 1 Oficial 1ª soldador: 73211020
• 1 Oficial 1ª de albanelería: 71211015
• 1 Oficial 1ª tractorista-condutor con grúa e outros servizos: 83221013
• 2 Peóns de obra pública: 96011029
• 9 Peóns forestais: 95431028
• 1 Auxiliar de enfermería: 56111013
• 6 Conserxes: 58331022

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS