Inchables, animación e moitas sorpresas para os máis pequenos da casa ao longo de toda a xornada do sábado 7 de xaneiro.
A ilusión das nenas e nenos son o motor do Nadal e por iso, o Concello do Porriño preparou unha gran festa infantil para poñer o broche e final ás celebracións: O Porriño PequeFest.
Así, o día 7 de xaneiro o pavillón municipal (pista 2) abrirá as súas portas para que os pequenos e pequenas desfruten de inchables, obradoiros, photocall con mascotas, animación e xogos.
O acceso será gratuíto en horario continuado dende as 12.00 ata as 20.00 horas. “Nestas datas tan especiais queremos ofrecer alternativas de ocio aos nenos e nenas para que desfruten das súas vacacións escolares”, afirmou a concelleira de Educación, Carolina González. “Gran parte da nosa programación de Nadal vai dirixida a eles/as, como non podía ser doutra forma, xa que son os pequenos/as os que poñen a maxia a estas datas “.
Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, convidou “a todos os nenos/as do Porriño a visitar O Porriño Peque Fest e desfrutar dunha xornada que nace por e para eles, para que poidan compartir e desfrutar xuntos do Nadal do noso pobo antes de volver ao cole”.